Chega a V edición do Brión Inclúe
O V Festival Brión Inclúe celebrarase do 1 ao 13 de novembro cunha programación pensada dende e para a inclusión real de persoas con discapacidade. Na súa quinta edición, Brión Inclúe contará coa participación de artistas, compañías e asociacións como Raquel Queizás, Asociación Saúde Mental A Mariña, Pakolas, Al Lío, Vuelta y Media, Circo Chosco, ContAZ, Fundación DISA, De Tapas, Ana Fernández, DJ REY e Adriana Bugallo.
Elas serán as protagonistas como creadoras de cultura, ofrecendo á cidadanía unha programación que incluirá unha exposición de pintura e espectáculos de teatro e música.
Un ano máis, o festival loita pola importancia deste tipo de iniciativas que amosan o poder da cultura como ferramenta de integración. Ademais, insistimos na necesidade de seguir reivindicando o dereito a facer e consumir cultura sen barreiras.
Bion Inclúe é unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e coa colaboración de Hotel Balneario Compostela e Restaurante Kratos.
PROGRAMACIÓN DO V FESTIVAL BRIÓN INCLÚE
DO 1 AO 13 DE NOVEMBRO
Exposición de pintura da Asociación Saúde Mental A Mariña
CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DE BRIÓN
VENRES 04
Ás 18.00 h
Pakolas: Rockeando con Ramona Órbita
No Centro Social Polivalente de Brión.
SÁBADO 05
Ás 20.00h
Al Lío: Nós todas. Vuelta y Media. Veciños
No Centro Social Polivalente de Brión.
LUNS 07
Ás 11.00h
Raquel Queizás: O Agasallo da Lúa
No Centro Social Polivalente
Para alumnos/as de 1º de Primaria do CEIP Pedrouzos de Brión
MÉRCORES 09
12.15h
Artefeito Producións e Asociación AVANTE: (Algunhas) Cousas de CASTELAO
No Centro Social Polivalente
Para alumnos/as de 2º da ESO do IES Brión
VENRES 11
Ás 11.00h e ás 13.00h
Circo Chosco: Forzu2
No Centro Social Polivalente de Brión
Para colectivos de persoas con diversidade funcional.
--
Ás 18.00h
ContAZ, Lingua de Signos: A Maleta
Na Sala de Exposicións do Concello de Brión.
SÁBADO 12
Ás 20.00 h
Fundación DISA Canarias: Barbarroja
No Centro Social Polivalente de Brión
DOMINGO 13
Ás 12.00 h Sesión Vermú
Con De Tapas, Ana Fernández e DJ REY. Presentada por Adriana Bugallo
No Centro Social Polivalente de Brión