Guadi Galego comeza a súa xira fóra de Galicia
Guadi Galego comeza o 2022 subida aos escenarios. Costuras seguirá enchendo teatros, salas e auditorios coa música da artista cedeiresa e a súa banda. Tras unha exitosa xira por Galicia, agora visitan Madrid, Mieres, Valencia, Vitoria, Bilbao e Barcelona.
Un mes máxico no que o equipo e o público envolveranse nunha atomosfera sonora que nos leva por liñas pop, modernas e emotivas, con un directo dinámico e sorprendente.
Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova como vocalista en Berrogüetto. O seu último traballo, Costuras, aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.