La Quinkillada comeza a súa xira de presentación o sábado 23 en Bueu
La Quinkillada arranca este sábado na sala Aturuxo de Bueu unha xira de presentación que os levará pola Coruña, Ourense, Vigo, Mos e o Festival Ouren Sound Fest. Nestos primeiros concertos presentarán os temas do seu disco debut, Gozar, Sentir, Bailar que estará dispoñible a partir deste venres 22. As entradas para os tres primeiros concertos xa está á venda en www.entradium.com
Rodri Martínez, Yago Oliveira, Suso PF, Byktor G, Daniel Acuña, Valverde e Rocío Buyo forman esta banda que naceu como resposta artística ao encerro en pandemia.
Tralo confinamento comezaron un intenso traballo de composición de temas propios con estilos dende a Rumba á Cumbia pasando por sons modernos. Gran a gran construíron este primeiro traballo que contén dez temas con gran diversidade nas letras: dende a básica desconexión de festa a poñerse serios falando dos golpes da vida.
Outra máis é o terceiro adianto de Gozar, Sentir, Bailar, o primeiro disco de La Quinkillada, que estará dispoñible moi pronto. Neste tema seguen a demostrar que son a sinerxía entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova.