Leo Bassi volve a Galicia co seu espectáculo Yo, Mussolini
O artista, un dos clowns máis coñecidos do mundo, estará este mes de xuño de xira por Galicia e Asturias. Actuará en Xixón (26/01), Lugo (27/01), Salceda de Caselas (28/01) e Viveiro (29/01).
Subirá aos escenarios co seu espectáculo Yo, Mussolini, no que volve posicionarse fronte á extrema dereita e o actual auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.
“Yo, Mussolini” é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante desta peza de Leo Bassi é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contra ese medo é o sentido do humor.
Queres saber máis sobre “Yo Mussolini” e Leo Bassi? Visita a súa ficha!