Marchou Pedro Brandariz
A familia de Culturactiva e a do teatro galego estamos de dor. O noso irmán dende hai máis de 20 anos, Pedro Brandariz, foise facendo o que amaba: levar a risa e o teatro a calquera recuncho do país. Marchou onte sen avisar, actuando no ximnasio dun cole, facendo rir ali onde non soe ser habitual.
Marcha un amigo pero tamén un home de moitas batallas. En Culturactiva e Pallasos en Rebeldía ímolo botar en falta.
Que as risas cheguen alá onde marchou e que a terra lle sexa leve.
Abrazos inmensos para a sua familia, e que a lembranza sexa viva e combativa como foi sempre o camiñar de Pedro.