Mercedes Peón viaxa a Francia co seu espectáculo Osmose
Ninguén quere deixar de ver Osmose. Este próximo 16 de novembro estará en Tandem Scéne Nationale en Arrás (Francia) presentando o espectáculo no que mestura a súa música con performance e videocreación.
En Osmose se plantéxase un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á producción. Corpos sen xénero distribuidos no binarismo de poder e subalternidade.
Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. A súa música achega unha variedade compositiva que arrinca desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.
Ademais de Osmose, na actualidade conta tamén con outros dous espectáculos: Déixaas e Ingrávida.