A música de Xurxo Fernándes chega a Hungría
A música de raíz de Levaino! o novo espectáculo de Xurxo Fernándes xunto con Pan.Sen.Fron chega ata un dos festivais mais salientables de Europa: o Sziget de Budapest.
Este mércores 10 de agosto a música e os sonidos mais arcaicos de una Galicia primitiva, acompañados de pandeiretas mesturada con un exotismo oriental, inundaran a fermosa illa de Óbuda-Island, situada no corazón de Budapest. A actividade lévase a cabo co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e a Xunta de Galicia.
Os 12 temas que conforman Levaino! son un viaxe para non perder que empeza no Mediterráneo Oriental e termina en Galicia.
Xurxo Fernándes formouse dende moi xoven en música e canto tradicional. O traballo de campo que levou a cabo polas aldeas galega mesturase cas viaxes que realizou por comunidades sefardíes de distintas partes do mundo, bebendo da súa influencia musical.
Nesta ultima década tamén dirixiu un proxecto musical colectivo: Pandereteiras Sen Fronteiras. De todo o seu bagaxe nace este espectáculo único que e Levaino!