Propostas Culturactiva para o mes de maio
Malia que celebremos o galego cada día, maio é sen dúbida o mes da nosa lingua. As coplas dos Maios e o Día das Letras Galegas lémbrannos a sorte que temos de coñecer e desfrutar do noso idioma. Pero tamén da necesidade de coidalo.
E que mellor maneira de facelo que con música, teatro e maxia? Queres coñecer as nosas propostas para este mes de maio?
Unha unión da maxia e as letras para ilusionar e divulgar co galego. O Mago Teto achega o seu primeiro espectáculo coa dinamización e defensa do galego como vehículo condutor das diferentes maxias que contén o espectáculo. “AS NOSAS LETRAS” rende unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega.
Rosalía de Culturactiva Producións
ROSALÍA é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia. Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.
Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou grande éxito nas festas, foliadas e romarías do país. At hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura.