As "Vidas cantadas" de Leilía viaxan a Tenerife
Seis mujeres que levan máis dunha trinta de anos entre pandeiretas recuperando do esquecemento a tradición oral galega. Esta é a bagaxe que conforma o espectáculo Vidas Cantadas, que Leilía inundará de alegría e talento o Barrio Costeiro de San Cristóbal de La Laguna, en Tenerife, o vindeiro venres 19 de agosto co apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais e a Xunta de Galicia
Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, así como un sinfín de vivencias que mostran o que Leilía significa para a música deste país.
Felisa Segade, Montse Rivera, Mercedes Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez apostaron xa no ano 80 por levar aos palcos un espectáculo que, ao ritmo de pandeiretas, adornaron con instrumentos da vida cotidiá, tal e como se facía nas aldeas galegas cando se xuntaban as mulleres para divertirse.
En Vidas Cantadas retoman vellas cancións do seu repertorio e vólvenas facer súas dándolles un aire renovado.