Xa está aquí o catálogo Culturactiva 2022!
Teatro, narración, circo, monicreques, pasarrúas, bandas, cantantes... un ano máis en Culturactiva creamos un catálogo variado cheo de novidades, con espectáculos para todos os gustos e todas as idades. Máis de 100 propostas entre as que atoparás as mellores compañías, bandas e artistas galegas pero tamén estatais.
Comezamos o 2022 con ilusión e máis ganas que nunca de seguir demostrando que unha cultura comprometida, inclusiva, con valor social e de calidade é posible. Se algo temos aprendido desta pandemia que tanto afectou ao noso sector, é que o humor, o entretemento, a cultura, son imprescindibles.
Van xa 2 anos de pandemia, pero máis de 20 anos traballando no sector cultural. 20 anos acumulando unha experiencia e un amor polo que facemos que atoparedes nos nosos catálogos de escénicas e música 2022.
Consulta os nosos catálogos aquí.