“Estou viva”, afirma Guadi Galego no seu novo sinxelo
"Estou viva”, afirma Guadi Galego. Unha sentenza que a cantante reclama e confirma no seu novo sinxelo, nomeado O.D.A. A canción, a primeira que lanza desde a publicación do seu LP Roibén (2022), conta coa produción de Iago Pico (Pouland Studios). O.D.A, ademais, acompañase dun videoclip dirixido por Inés Salvado.
Guadi Galego define O.D.A como “unha declaración de intencións sobre o concepto da madurez e a aceptación da vida, de valorar o vivido como propio e reivindicar o dereito a seguir experimentando”. Precisamente iso é parte do que fai a artista nesta nova canción, na que mantendo as súas sinais de identidade clásicas, dá cabida a novos sons como parte dese dereito a continuar crecendo.
O.D.A é, como expresa na súa letra, una reivindicación da ousadía e un abrazo á diferenza que nos recorda, ao cabo, que seguimos vivas. Todo, apunta a artista, “sen desmarcarnos nunca da nosa responsabilidade propia e colectiva” e sen olvidar que “a alegría segue dentro de nós”.