Guadi Galego comeza a súa xira Roibén
Guadi Galego comeza a súa xira Roibén por toda a Península. Despois de actuar en Andain e Burlata acompañando á artista vasca Olatz Salvador viaxa agora a Ponte de Lima (18 de febreiro), Madrid (15 de marzo) e Oviedo (16 de marzo).
Unha xira en formato cuarteto con Pau Brigada, Vic Moliner e Paula Grande na que presentará os seus novos temas e rodearase de colaboradoras para redescubrir a súa música e os clásicos da súa carreira.. Entradas dispoñibles en www.guadigalego.eu
"Roibén acabou seendo oo que é porque abrimos paso entre a escuridade", así define Guadi o seu novo traballo. Dez cancións cheas de emoción que conforman "un disco de transición e de contrastes, que retrata a luz que hai sempre en toda escuridade".
Guadi Galego e Culturactiva S. Coop. contan co apoio de AGACIC a través das axudas á Promoción e difusión de proxectos musicais profesionais enmarcadas no programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Feder como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.