Uxía&Javier Ruibal estrean videoclip no Día de Rosalía
O 23 de febreiro celebrouse o aniversario do nacemento dunha das poetas mais importantes das letras galegas e, para conmemorar a sua obra, Uxía&Javier Ruibal estrearon o videoclip "Ahí va la loca soñando".
No seu traballo De tu casa a la mía, Uxía&Ruibal fai un viaxe de norte a sur musicando poemas de Lorca e Rosalía. Neste repertorio traennos novas melodías que nos farán coñecer maiss a fondo a obra destos poetas e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na sua poesía que, no caso de Lorca, terá a sua culminación ao escribir os Seis poemas gallegos.
Uxía y Ruibal teñen xa unha amplia experiencia musicando poetas. Este traballo e un paso mais nunha historia de amizade e complicidad que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago.