Xogo de espellos
Javier Otero Neira e a Real Filharmonía de Galicia
O músico galego Javier Otero Neira vén de presentar no Auditorio de Galicia o seu novo proxecto xunto a Real Filarmonía de Galicia, "Xogo de espellos".
Todo un reto para os mais de 60 músicos participantes que conseguiron combinar os sons orquestrais coa electrónica e o piano. Unha experiencia novidosa e única envolta en elementos audiovisuais que pretende achegarse ao público máis mozo.
É a primera vez en España que unha orquestra colabora nun proxecto tan innovador e persoal nunha clara aposta pola música actual.
Javier Otero Neira defínese a si mesmo como un artista polifacético, e máis que nunca, experimental. A súa versatilidade e interese en todo tipo de música levouno a firmar o seu contrato con Yamaha Artist en 2018. Gañador de primeros premios en concursos nacionais e internacionais, decide emprender o seu propio camiño no mundo profesional.
No seu último traballo, 'Saraiba', mestúranse o piano e a electrónica cunha clara aposta pola estética contemporánea.