Guadi Galego gaña o Premio Martín Códax da Música á Mellor Canción de Autora
Guadi Galego fíxose onte co Premio Martín Códax da Música á Mellor Canción de Autora, nunha gala que se celebrou onte en Pontevedra. A artista recibe este recoñecemento tan só catro meses despois da estrea de Síntese Horizonte, un espectáculo concibido para ser presentado ao vivo, e que polo momento encheu os aforos de todos os concertos en teatros.
Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco e espectáculo foi aprendendo a desaprender o establecido. Nesta nova proposta, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, Guadi Galego confirma o poder transformador da música en directo.
Guadi Galego é un auténtico referente da música galega actual, que xa lle valeu outros recoñecementos, como o Martín Códax 2016 tamén á Mellor Canción de Autora, o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado español no 2019 ou o Martín Códax 2020 na categoría de Pop Indie