Formulario de busca

NOVAS

A Orquestra Bravú Xangai estrea este sábado un novo disco que fará bailar ata ao sol

A Orquestra Bravú Xangai presenta disco este sábado, 2 de marzo. ‘Os saxofóns de Occidente’ é o nome do seu novo traballo, que recolle 18 temas de puro sabor bravú mesturado coa tradición orquestral do metal galego e as formas da música popular. 

A presentación terá lugar na Sala Garufa da Coruña este sábado ás 22 horas, nun concerto no que a Orquestra Bravú Xangai estará acompañada do Vacalouras de Teis. Durante este evento presentarase tamén o primeiro videoclip do disco, ‘’O Gato’. As entradas xa están á vvenda na plataforma Notikumi.

A Orquestra Bravú Xangai propón un espectáculo de gran formato, con nove músicos despregados no escenario, que proceden de formacións musicais históricas como Papaqueixos, Diplomáticos, Brassica Rapa  A Magnifique Band dos Homes sen Medo. Guitarra, percusión, gaita, trompeta e saxos únense ás voces para propoñer unha música cósmica que fará bailar ao propio sol. 

A Orquestra Bravú toma o seu nome do tren Xangai, que conduciu a miles de galegas e galegos cara a Barcelona, e con el queren simbolizar este encontro entre o Atlántico e o Mediterráneo. Neste disco contan coa colaboración de talentos procedentes de ambas xeografías, para propoñer trinta anos de ruta concentrada e a experiencia emocional da xeración que inventou o bravú e converteu a aldea no centro do mundo.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

A historia de Brancaflor

Salvaterra

16-05-2024

12:00


Bravas

Cambados

16-05-2024

12:30


Indóciles

Ares

16-05-2024

20:00


A Orquestra Bravú

Ponteceso

17-05-2024

8:00


Indóciles

Sada

17-05-2024

19:00


A primavera ten que ser nosa

Mos

17-05-2024

20:00


Camiños

A Coruña

19-05-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG