
El Pony Pisador
El Pony Pisador
Bio
El Pony Pisador é a banda formada por cinco músicos procedentes de Barcelona que combina música tradicional e folk recollida desde todos os recunchos do mundo, para formar unha ...El Pony Pisador é a banda formada por cinco músicos procedentes de Barcelona que combina música tradicional e folk recollida desde todos os recunchos do mundo, para formar unha perfecta harmonía entre virtuosismo e sensación humorística.
Despois do lanzamento do seu segundo álbum "Matricular una galera", a banda non deixou de medrar, converténdose nunha das máis populares de Cataluña. En 2023 publicaron "The Longest Pony", un LP en conxunto con The Longest John's, un dos grupos máis importantes do xénero no mundo.
El Pony Pisador coida cada arranxo de composición e harmonía vocal, cumprindo coas expectativas dops fans máis esixentes do folk, pero ofrecendo unha música atractiva para a audiencia non familiarizada con este xénero. Cada concerto de El Pony Pisador é único.