
Eskorzo
Eskorzo
Bio
Booking para Galicia A lexendaria banda granadina formada en 1995 foi pioneira do movemento ‘Mestizo’ en España, fusionando coa súa particular visión musical estilos tan diverso...Booking para Galicia
A lexendaria banda granadina formada en 1995 foi pioneira do movemento ‘Mestizo’ en España, fusionando coa súa particular visión musical estilos tan diversos como a música latina, afrobeat, rock, punk, crossover, gypsy, reggae-ska, funk ou jazz. Influenciados por artistas como Fabulosos Cadillacs, Fishbone, Red Hot Chili Peppers, Talking Heads ou Mano Negra, Eskorzo a día de hoxe é unha das bandas referentes dunha fusión musical ao máis alto nivel. Os seus sete integrantes funcionan como un reloxo de precisión no escenario á vez que irradian desfrute e loucura inusual. Unha bomba de adrenalina, enerxía e suor que leva ao público a unha catarse colectiva, xa sexa nun festival de rock, de jazz ou de world music.
Con máis de mil concertos ao longo da súa carreira, sete traballos discográficos ata hoxe e case 30 anos de traxectoria musical, Eskorzo segue a abrir camiños novos e é considerada unha das propostas máis interesantes e auténticas no panorama actual. En novembro de 2023 o grupo lanzou o seu sétimo álbum de estudio titulado "Historias de Amor y otras mierdas", que foi presentado en directo durante todo 2024 con máis de 70 concertos en grandes festivais e salas por toda Europa. Agora 2025 vén cargado de máis concertos cos que despedirán este LP que tantas boas historias está a escribir. Ademais será un ano de sorpresas discográficas dos titáns Eskorzo.