70
Ficha artística
Sinopse
"Se alguén me dixese cando tiña 20 anos que aos meus 70 estaría cheo de proxectos e con máis ganas de vivir que nunca, consideraría un tolo ou malintencionado. Entón tiña claro que a vida creativa era unha explosión da miña forza vital xuvenil e que pasados os 50 estaría esgotada. Chegar a 70 anos non entraba nos meus plans. Agora, fronte a unha realidade que non podo negar, teño 70 anos! Quedo totalmente asombrado polas enerxías que descubro a diario en min e quero celebralo… co meu querido público!"
Leo Bassi, a través da súa memoria, convídanos a regresar ao humanismo e aos instintos. Asómbrase da súa enerxía na vellez, e asume a súa responsabilidade como chamán, bufón e axitador de emocións que reivindica a risa como raíz existencial do seu desexo de provocar. O humor como reflexión da sociedade e o acto teatral como un ritual que paga a pena recrear, unha e outra vez.