
Gran Cuarteto da Familia Bocaprier
Ficha artística
Sinopse
Félix Rodríguez, Olivier Cano, Lydia Botana e Óscar Prieto forman o Gran Cuarteto da Familia Bocaprier.
Nunha pequena casa dunha remota vila dun país descoñecido vive a Familia Bocaprier: unha longa estirpe de músicos de dubidoso prestixio internacional criada entre todo tipo de instrumentos.
O Gran Cuarteto da Familia Bocaprier chega á súa vila para amenizar as rúas co seu espectáculo itinerante cargado, non só coa mellor música, se non con todo o aprendido durante anos e anos de estudio... con outras familias. Un combinado de balkan, ska, rumba, coreografías, cantos tribais e triviais. Nada se lle resiste a este cuarteto de artistas multidisciplinares pouco disciplinados nesta aventura musical a base de ritmo, enerxía, interacción co público e moito humor.