Mãe
Ficha artística
Sinopse
Cunha paixón incomparable polo fado tradicional, Cristina Branco presta unha sentida homenaxe a este xénero musical tan emblemático da cultura portuguesa no seu tan agardado 18º album de orixinais 'Mãe'.
'Mãe' é unha creación única, na que Cristina Branco empresta a súa voz singular e expresiva a unha variedade de autores, como ten sido a súa tradición artística. En disco e ao vivo, Mãe ofrece ao público un repertorio orixinal que nos transporta nunha viaxe envolvente de redescuberta do fado, explorando as súas profundidades emocionais.
En concerto, Cristina Branco conta cun talentoso trío co que ten compartido discos e palcos ao longo dos anos. Bernardo Couto na guitarra portuguesa, Luís Figueiredo no piano e Bernardo Moreira no contrabaixo son os compañeiros musicais que dan vida a este traballo, contribuindo na súa sonoridade rica e envolvente.