Menina
Ficha artística
Idea, dirección, escenografía y vestuario: Israel Muñoz
Intérpretes: Olga Martínez, María Martinez e Israel Muñoz
Sinopse
Dous paladíns emprenden unha intrépida viaxe destinada a espertar o asombro. Buscan o lugar ideal onde contemplar a beleza do seu gran boneco porfiado. Aínda que distraídos e rebuldeiros, porfían en dar con ese marco perfecto que, saben, pode estar en calquera recuncho se a nosa emoción o compón.
Beleza y trasnada rodante da man de dous auténticos paladíns na súa busca permanente de cada espazo ideal.
Orixinal proposta de teatro de rúa para toda a familia. Máscaras, un boneco acrobático xigante e un vehículo que espertan a curiosidade de todos os públicos. Personaxes fedellos e impetuosos que transforman o cotián e unha danza case irreal da boneca e os seus vaivéns que van da reverencia ao xogo. Unha poética visual asombrosa a pé de rúa.