Meu Santo
Ficha artística
Sinopse
Momboi parte da inquedanza e o gusto pola música de raíz latinoamericana. O seu pop/rock bebe da psicodelia, pero tamén o fai da tradición galega ou do flamenco, camiñando con mirada ampla e facendo unha mestura heteroxénea e persoal.
En Meu Santo volven fluír os ritmos latinos mesturados cos sintetizadores e hipnóticas melodías. Unha homenaxe, tal como sinala a banda de Noia, “a todas as persoas que están e estarán sempre ao noso lado”.
Tras o éxito de temas como Teresiña e a boa acollida da crítica que recibiu Vacacións en Ornanda, a banda transita dende esa estética costeira que fala da turistificación da Galicia dos 90 a novos temas e sonoridades. Da autoedición pasan tamén á edición en estudo con Meu Santo, que foi gravado en Estudos A Ponte por Tomás Ageitos e mesturado por Arturo Vaquero. Os concertos da banda, arroupados sempre por esa enerxía case mística, prometen baile, tenrura e emoción a partes iguais.