Nada se sabe
Ficha artística
- Culturactiva Producións en coprodución co Centro Dramático Galego
- Texto orixinal: Manuel Lourenzo
- Adaptación a Lingua de Signos e participación actoral: Chusa Pérez de Vallejo
- Escenografía: CDG e José Manuel Faro González (Coti)
- Vestiario e atrezzo: La Canalla
- Iluminación: José Manuel Faro González (Coti)
- Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo
- Produción: Fran Rei e Félix Rodríguez
- Imaxe: Diseñatas (Fundación Igual Arte)
- Deseño gráfico e fotografía: Rocío Cibes
Sinopse
Nin isto sequera sei, que nada sei; conxectúroo, porén, de min e dos demais. Sexa esta proposición a miña bandeira; esta débese seguir: Nada se sabe.
Con esas palabras dubitativas comeza a obra do século XVI Quod nihil scitur (Que nada se sabe) de Francisco Sánchez “O Escéptico". Un antecedente da dúbida metódica cartesiana, de cuestionar sistematicamente o mundo como medio de aproximarse á realidade sen prexuízos. Nunha sociedade como a nosa, de certezas impostas, dubidar é revolucionario.
Dúas actrices e dous actores con discapacidade recoñecida repasan diversas visións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna escrita por Manuel Lourenzo de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, na que se presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada, que a sociedade non sabe (ou non desexa) incluír.
Este punto de partida, mesturado coas vivencias reais dos protagonistas, conforman un espectáculo divertido e único na historia do teatro galego.