
Os Monifates no camiño
Ficha artística
Sinopse
Xa chegan Os Monifates!!!! Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), que bailan ao son da música que interpretan. Un día coñecen un simpático peregrino chamado Don Gaiferos, e deciden percorrer con el o Camiño de Santiago. Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen na súa traxectoria, nos que farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe ata Santiago de Compostela. Esta singular troupe está formada por Bartolo o pandereteiro, o porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco, o trasno Fedello, os Moquentos e os Barbanzóns. Algúns bailan sós, outros en parella, chegando a bailar catro ao mesmo tempo manipulados por unha soa persoa.