
Os Monifates
Os Monifates
Bio
Os Monifates son Alberto Millán Betanzos e Xosé Piñeiro Pérez, un dúo cunha ampla experiencia musical e de lutería que se xuntaron no ano 2013 para deseñar un proxecto en común ...Os Monifates son Alberto Millán Betanzos e Xosé Piñeiro Pérez, un dúo cunha ampla experiencia musical e de lutería que se xuntaron no ano 2013 para deseñar un proxecto en común no que tivesen cabida parte das súas inquedanzas artísticas e tradicionais, relacionadas coa música, o baile, os monicreques e a cultura galega en xeral. Para iso, durante dous anos investigaron e recompilaron información sobre os chamados monicreques danzantes, e despois de estudar o que se conserva desta arte e de facer múltiples probas, comezaron a construílos, adaptándoos á nosa tradición cultural e incluso creando algúns con mecanismos propios, para así tratar de recuperalos. Foi no ano 2015 cando conseguiron darlle forma e vida a Os Monifates, e dende aquela van repartindo alegría co seu carromato musical e facendo bailar as súas marionetas ó mesmo tempo que interpretan música en directo.