BRIÓN Inclúe: un espazo para vivir a integración real.
O festival Brión Inclúe aposta por unha ampla programación cultural pensada e estudada para a inclusión transversal
As persoas con discapacidade serán as protagonistas desta oferta cultural como creadoras de cultura, ofrecendo á cidadanía unha programación cultural de calidade e variada.
É unha tarefa das administracións públicas e de toda a sociedade tratar de acadar a inclusión total e non podemos facelo de costas as persoas interesadas. De esta idea parte a semente para un festival que non produce contidos para as persoas con discapacidade, senón que normaliza as distintas capacidades de cada un para facer unha proposta cultural de calidade e inclusiva na que ofertar tres días de cultura para toda a cidadanía.
Cultura libre de barreiras como protagonista.
Do 14 ao 16 de decembro, datas próximas ao nadal, terá lugar BRIÓN Inclúe, cunha ampla programación pensada e estudada para a inclusicón transversal.
- Mércores 5 de decembro, de 10.00 a 12.00 horas. CEIP de Pedrouzos. Contacontos en linguaxe de signos + Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas.
- Do luns 10 ao domingo 16 de decembro. Centro social polivalente. Exposición fotográfica de Óscar Dacosta (AGARESO).
- Mércores 12 de decembro, ás 20.30 horas. Sala de exposicións municipal. Coloquio aberto: “Artes e Inclusión”. Espazo de debate entre axentes culturais, traballadores/as, voluntarios/as e usuarios/as das diferentes asociacións ou colectivos.
- Venres 14 de decembro, ás 18.00 horas. Centro social polivalente. Representación teatral “Circo da Diversidade”, da Asociación Con Eles.
- Venres 14 de decembro, ás 20.30 horas. Centro social polivalente. Representación teatral “Full Monty”, da Asociación Andaina Pro Saúde Mental.
- Sábado 15 de decembro, ás 20.30 horas. Centro social polivalente. Danza-teatro “Torre de Babel”, da Compañía 5.S.
- Domingo 16 de decembro, ás 12.00 horas. Centro social polivalente. Sesión vermú dinamizada polo cómico Pedro Brandariz con concerto de XeRock, mercado de colectivos e grande sorpresa.
A normalización das diferentes capacidades.
Moitos colectivos, asociacións e profesionais de distintos ámbitos traballan cada día pola integración e a eliminación de barreiras que aínda hoxe non están superadas. Son as/os verdadeiras/os protagonistas deste festival no que todos e todas estamos incluíd@s.