Clown’s Planet chega dende o Festival Internacional de Cine de Ourense cunha xira por Galicia
"Supoño que os galegos temos esa tendencia de mirar as cousas con certa distancia, coma se estivésemos aquí e alá ao mesmo tempo. Xa se sabe; Subir ou baixar. (…) Sempre me gustaron o humor e o absurdo da existencia, as películas dos irmáns Marx, os novos pallasos que escapan do estereotipo do listo e o tonto. Creo que para facer o pallaso hai que ser tonto e inxeñoso ao mesmo tempo, hai que ser inocente e curioso, hai que ter ganas de rir e de correr aventuras. Cando buscaba unha idea pra un largometraxe documental atraeume a combinación entre o pallaso e o activista que adica o seu tempo a axudar aos demáis. Ao facela dinme conta de que o oficio de pallaso é en sí mesmo un oficio de entrega” afirma Héctor Carré.
A película, que estará dispoñible en plataformas dixitais o día 12 de Novembro, destinará parte da recaudación ao noso festival solidario Festiclown, tras a súa première mundial no prestixioso Pärnu International Documentary and Science Film Festival. Tras a estrea nacional no Festival de Ourense, a película estrearase o 1 de Outubro coa presencia do cineasta e algunhas persoas convidadas, como a nosa compañeira de Culturactiva Érica Pereiro.
Clown’s Planet narra o traballo de pallasos activistas en diferentes lugares do mundo. As súas principais personaxes son Iván Prado, un pallaso activista galego cofundador e vocairo da asociación Pallasos en Rebeldía; Leo Bassi, un clown con fama internacional e fundador dun espazo de reunión e reflexión no barrio de Lavapiés de Madrid, chamado “el Paticano”, e Patch Adams, mundialmente conocido coma o “médico da risoterapia” despóis de que unha película de Hollywood (protagonizada por Robin Williams) retratase a súa vida e fundador da Fundación Gesundgeit! (¡Salud!) en 1972.
“En Clown’s Planet tiven a ocasión de vivir momentos moi emocionantes, participando nun pasarrúas fronte o muro da vergoña en Palestina, asistindo a unha voda oficiada por un pallaso, ou bailando cuns residentes dun asilo pra persoas con deficiencias psiconeurolóxicas, cada un desos momentos permanece na miña memoria cunha forza e unha intensidade moito máis vívida ca vida cotiá na que consumimos a maior parte da nosa existencia. En resumen, rodar esta película fixome amar a vida máis do que o facía e disfrutar dela con máis serenidade. Espero que aos espectadores lles produzca un efecto parecido”.
- Hector Carré
Clown’s Planet foi rodada en lugares tan diversos como Jerusalén, San Petersburgo, A Coruña, Nablus ou Madrid e pese a indagar sobre o valor do traballo dos activistas en lugares de conflicto, coma os campamentos de refuxiados en Palestina, ou de sufrimiento, coma nos hospitais e orfanatos pra persoas con discapacidade severa en Rusia, ten un ton amable e divertido, mentras trata de entender as bondades que producen nas nosas sociedades actuais o humor e o punto de vista amoroso có que os pallasos afrontan a vida.
Clown’s Planet, conta coa colaboración de AGADIC e a participación da CRTVG (Corporación de Radiotelevisión de Galicia). A película estrearáse en plataformas o 12 de Novembro da man de #ConUnPack Distribución.