
Cia Le Puant
Cia Le Puant
Bio
Desde 2015, a Cía. Le Puant leva aos escenarios un traballo de creación que explora diferentes disciplinas como o clown contemporáneo, o teatro xestual e a improvisación, princi...Desde 2015, a Cía. Le Puant leva aos escenarios un traballo de creación que explora diferentes disciplinas como o clown contemporáneo, o teatro xestual e a improvisación, principalmente. Le Puant nace cunha vontade de aprendizaxe en solitario, de saír á rúa e probar todas esas inquedanzas e ideas cun público que te descoñece por completo. É así como pouco a pouco se decata de que ten un espectáculo creado, e ponlle o nome de Tot sol…i núvol. Recibirá o premio ao Mellor Actor no IX Festival de Teatro Independiente de Barcelona e realizará máis de cen actuacións a día de hoxe.
A compañía nace da man de Adrià Viñas, que estudou arte dramática no Instituto del Teatro de Barcelona, especialidade de Teatro Físico, y que traballou en distintos proxectos artísticos moi distintos, como teatro físico e danza coa Cia Moveo, teatro multidisciplinar con Los Impuxibles, teatro xestual con Cia Voltäla, teatro de rúa con Teatro a la fuga, comedia da arte con Cia La Palpebra, ou clown máis clásico con Cia Nyip & Nyap, entre outros.