Tot sol…i núvol
Ficha artística
Técnico de son: Neilor Moreno
Escenografía e atrezzo: Adrià Viñas, Ada González i Marc Salicrú
Deseño de son: Damià Duran i Mario Andrés
Deseño e técnico de iluminación: Mario Andrés
Asesoramento de movemento: Xavier Palomino
Asesoramento de maxia: Jordi Pota (Mag Pota)
Produción: CoAnda M.
Sinopse
Espectáculo de clown xestual para todos os públicos, no que a improvisación ten un papel fundamental na obra, que fará fresca e única cada representación.
Un pallaso, unha cadeira e unha maleta: tres compañeiros de viaxe. Cando están sós paran, sentan e miran. Agora vai sol, agora hai nubes e agora sol... e nubes. Un pallaso inocente, pero consciente, que ten calquera recurso para combater o abborrecemento. Unha cadeira para sentar, xogar, bailar, e para mil historias máis; e unha maleta que non sabemos que hai dentro.
TOT SOL... I NÚVOL transforma a realidade en ficción. "TOT SOL" en busca de... compañía; "I NÚVOL" para o que nos gustaría dicir e non nos atrevemos. TOT SOL... I NÚVOL, un espectáculo cercano e moi humano, onde todo o mundo se sentirá identificado.
Un espectáculo cheo de sorpresas, no que a participación do público é chave.