
La Fúmiga
La Fúmiga
Bio
La Fúmiga é un estado de ánimo. Ese lugar ao que chegamos cando nos sentimos felices, radiantes e xubilosos. Sen lugar a dúbidas, son a mellor receita parra celebrar, bailar e s...La Fúmiga é un estado de ánimo. Ese lugar ao que chegamos cando nos sentimos felices, radiantes e xubilosos. Sen lugar a dúbidas, son a mellor receita parra celebrar, bailar e sentirnos vivos e vivas.
Forxáronse na tradición de bandas que creceron por todo o territorio valenciano, nesa nobre estirpe de charangas, pasarrúas e amplas seccións de vento e de percusión. Este colectivo de doce músicos de Alzira formado en 2012, acabou por se converter nun dos relevos naturais, xunto a Zoo, daqueles grupos valencianoparlantes que brindaban maior capacidade de convocatoria ata hai uns anos: Orxata Sound System, La Gossa Sorda ou Aspencat.
O seu estilo bebe da música de rúa, as charangas e as brass bands e combínase nalgún punto do camiño cos sons máis pop, indie, ska, disco, latinos, tropicais, electrónicos… Unha fusión sonora que executan con gran virtude. E fano sempre con espírito festivo, consciencia social e colectiva, abertura de miras e cancións que teñen iso que parece sinxelo, pero é moi difícil: capacidade de conectar co gran público. Enraizar na súa memoria e tamén facela bailar.