Tot està per fer
Ficha artística
Sinopse
Tot està per fer (Halley Records, 2024) é o título do último traballo de La Fúmiga. A expresión “tot està per fer” (“todo está por facer”) lonxe de ser unha mensaxe pesimista, é unha oda á evolución, ao cambio constnate, á ruptura da rutina e ao crecemento persoal.
La Fúmiga defende que a vida non está predestinada, que sempre queda moito por descubrir e por facer, sen importar a idade, a condición ou o momento persoal que se viva. Falan de amor, de deixar ir, de alzar o voo, de dar pasos, de pensar nunha mesma sen esquecer o entorno máis próximo... E todo iso con colaboradores de luxo como The Tyets, Ginestà ou Figa Flawas, que se suman aos dos anteriores traballos: Zoo, Suu, Pupi les, El Diluvi ou Samantha.
Os seus discos acollen cancións que acumulan millóns de escoitas, como “Mediterrània”, “Havia de passar”, “Ja no fa mal” ou “Finals”. Cancións que non só pegan forte nas plataformas dixitais, senón que tamén nos seus directos, nos que fan bandeira da emppatía, a utoestima (e tamén o amor cara os demais) e a luminosidade. O resultado: concertos contundentes, vibrantes e cheos de emoción. Unha fórmula tan irresistible como eficaz.