Queralt Lahoz
Ficha artística
Sinopse
Unha das sensacións musicais do noso país. Unha das artistas con máis presente e futuro de toda a escena nacional, abandeirando unha das propostas musicais máis rompedoras e atractivas do momento. Na súa música, atravesada polos sons latinos, de raíz e urbanos, o sould, o hip hop e o dancehall dialogan con gracia e naturalidade sobre un aura de coplas e boleros, que emerxen de maneira espontánea das súas orixes flamencas e paisaxes sonoras.
O seu traballo máis recente, 9:30PM, contén a versión máis íntima e honesta da artista catalana. Un periplo emocional a modo de proceso de sanación, no que fala da morte, do amor e da importancia de narrarse a unha mesma. Un álbum que promete expandir as fronteiras dun estilo único na escena da música urbana actual.