Z Teatro
Z Teatro
Bio
Z Teatro son unha compañía extremeña. Na súa traxectoria souberon mesturar o teatro e o circo, música en directo, animación, a creación de espectáculos para diferentes eventos e...Bio
Z Teatro son unha compañía extremeña. Na súa traxectoria souberon mesturar o teatro e o circo, música en directo, animación, a creación de espectáculos para diferentes eventos e o teatro de rúa.
Con máis dunha vintena de espectáculos no seu percorrido, desde os seus comezos Z Teatro procura sempre novos retos que os faga medrar, mantendo sempre a idea da sinxeleza e esencialidade, dándolle relevancia ao traballo en equipo.
Premios e nominacións
Feria de Teatro de Castilla León 2010
Mellor espectáculo por “La Comedia de los Errores”
Premio JARA de teatro de Extremadura 2007
Mellor dirección por "Mundos"
Sección OFF de NO SOLO CIRCO
Mellor espectáculo por “Mister Ball”
Festival de Teatro Joven de Calamonte 2004
Mellor espectáculo por “FARSAS” de Chejov.