Sueños
Ficha artística
- Escenografía: Antonio Ollero
- Música: Juanlu Rabazo, Pedro Caballera
- Vestiario: Eloisa Serrano
- Asesores acrobacia: Cuca Cantillo, Roberto Calle
- Fotografía: Marta Garrido
- Deseño cartel e dossier: Isaac Gutiérrez
- Vídeo: Rosaurum Producciones
- Produción: Zircus Animación / Z Teatro
Sinopse
Fusilli é un personaxe tenro e soñador que vaga cos seus cachorros na procura dun lugar no que poder vivir. Cando o atopa, descobre que a súa casa non é como as demais, pero crea o seu espazo vital a partir de recordos e soños. Sempre quixo ser artista, pero nunca se atreveu, agora non lle queda máis remedio que intentalo se quere sobrevivir e entre soños e realidade busca a felicidade.
O traballo de clown como elemento emotivo, que deixa voar a imaxinación e preséntanos personaxes cos que soña, ás veces reais e outras veces imaxinados, para contarnos unha historia sobre a soidade, a amizade e o amor.
Un espectáculo de circo teatro, no que a técnica circense (malabares, equilibrios ou acrobacias) mestúrase co sensible para deixar voar a imaxinación do espectador.