Escoitando o silencio
Ficha artística
Sinopse
“Escoitando o silencio” é un proxecto innovador no que, mediante o uso de tecnoloxía WIFI, Javier Otero Neira fai un exercicio sen precedentes, cunha proposta artística baseada na intervención musical en espazos únicos nas que o silencio perdura no entorno, e, respectando ese silencio, transcorre o concerto de piano e electrónica con auriculares de última xeración.
Trátase dunha intervención artística de Javier Otero Neira na que música e tecnoloxía danse a man coa contorna, de xeito moi especial, integrando ademáis a luz e ao propio espectador converténdoo nun espazo interactivo e multidisciplinar, nunha experiencia difícil de explicar pero fácil de intuir. O son chega aos ouvintes grazas á tecnoloxía SilentSystem (auriculares conectados a través dunha rede WIFI) que permite aos asistentes moverse libremente, levando consigo a música en total silencio ao tempo que se empapan do espazo, o vento, o solpor, a natureza… e por suposto a música!