La niña 104
Ficha artística
Vestuario: Aihora Ganuza - Hari&Ari
Escenografía: El Punto Gunea
Sonido e iluminación: David Lainez
Sinopse
La niña 104 atópase nun orfanato desexando ser adoptada. Alí, ao igual que outras nenas na mesma situación, pasa os días confeccionando e cosendo prendas. Un día, chega outra nena que non parece compartir a ilusión da nena 104 polo traballo.
Un espectáculo de teatro familiar que mestura interpretación actoral con teatro de obxectos e títeres. Partindo dese concepto, a poética do teatro de obxectos convértese nun punto de partida crucial á hora de deseñar a función.
Xeramos escenas combinando representación actoral e manipulación de obxectos, o que nos permite achegarnos aos temas da obra desde múltiples planos de ficción. Ao tratar temas ás veces delicados, dispoñer de diferentes linguaxes escénicos permítenos tratá-los dun xeito máis sensible, explorando na poética do propio obxecto e do contexto creado.