Somos a pedra
Ficha artística
Duración minutos
75min
Ficha artística completa
Richi Marín : percusión
Santi Cribeiro: acordeón
Gon Goás: guitarra e coros
Xacobe Varela: gaita, bouzouki e voz
Roberto Rama: gaita e saxo
Quim Farinha: violín
Sinopse
En Somos a pedra, a liña tradicional que caracteriza a Os d´Abaixo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo ...
En Somos a pedra, a liña tradicional que caracteriza a Os d´Abaixo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia. Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua,
Os d'Abaixo pretenden permanecer firmes coma a pedra, configurada por un material tan duro que a fai quen de soportar o paso dos anos e das adversidades sen desaparecer, coidando así do que é noso.
A súa calidade, orixinalidade e espírito festivo son a súa carta de presentación, unha banda imprescindible no Folk galego actual