Levaino!
Ficha artística
Ruben Montes: percusión
Roberto Comesaña: teclado
Rafa Morales: baixo eléctrico
Pedro Lamas: gaita, arranxos, dulzaina e saxo
Pandereteiras Sen Fronteiros: pandeiretas e coros
Sinopse
Levaino! achega unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons máis arcaicos dunha Galicia primitiva, acompañados de pandeireta, mistúranse co exotismo do Mediterráneo Oriental, acompañados duns arranxos singulares e instrumentación moderna. Un espectáculo recomendado por Redescena, composto de doce temas ou paisaxes sonoras, que convida a non perder a identidade. Nun mundo cada vez máis globalizado, Levaino! é unha chamada a preservar aquilo que nos diferencia.
Xurxo Fernandes inclúe neste novo traballo as principais vertentes da súa creación. Por unha banda, a face do cantante e instrumentista tradicional galego e, por outra, a do experimentador e investigador das músicas orientais sefardís. En palabras de Xurxo Fernandes, o álbum representa "unha viaxe de autorrecoñecemento, un xogo de espellos entre as dúas vertentes da miña traxectoria artística. É música que tende pontes entre Galicia e o Mediterráneo oriental a través da creación popular colectiva”.