Ingrávida
Ficha artística
Sinopse
Logo de 25 anos da estrea do seu primeiro disco Isué, Mercedes Peón ofrécenos este espectáculo percorrendo temas dos seus cinco discos editados en solitario. Un repertorio marcado polas recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas de todo o país, os traballos cinematográficos ou de danza e, por suposto, o seu espírito inquedo, innovador e vangardista.
Ingrávida é unha celebración para a que Mercedes Peón se rodea de mulleres ás que admira, músicas que beben da tradición cultural mais que tamén aportaron novas olladas nas súas músicas. Un traballo coral centrado na figura de Mercedes Peón acompañada polo Dúo Caamaño & Ameixeiras, o grupo de voces líricas "Galíricas", os grupos Raigañas de Cerqueda e Xirifeiras, Mónica de Nut, Ana Fernández e Laura Iturralde coas proxeccións en directo.
A cabalo do acústico e da electrónica, Ingrávida é unha festa de celebracióndesta efeméride e unha homenaxe a persistencia da creación colectiva, que é un xeito de mirar o mundo.